Contos de estrelas e limons

May 26, 2009

Contra-redes sociais

Filed under: software social - estrelaselimons @ 6:52 am

Días atrás o país publicou un artículo sobre as Contra-redes sociais… ou os movementos e xogos que nacen ao redor do pulo das redes sociais.

No meu caso eu coido… que a risa e a parodia sempre foi un arma de defensa e unha válvula de escape para os dominados. Ao longo da historia, eventos como o Carnaval (onde estaba autorizado criticar ou satirizar á orde establecida) actuaron como válvulas de escape, por unha banda, e como construcións ilusorias dunha certa liberdade.

Na actualidade o tema das redes sociais é un tema candente e sobre o xorden inquietudes en torno ao control social, á intrusión na vida privada das persoas e ao control que estas redes teñen dos nosos datos. Pero tamén xorde un crecente sentimento de que existe unha presión social para estar nestas redes sociais: Todos os teus amigos están aí ¿Porqué non o estás o tí? Desde todas estas normas e de todos estes condicionantes xorde a crítica que ridiculiza estes servizos.

Porén, eu creo que a mofa ven máis da imposición do medio e da obrigación / presión social por estar nel, que do tipo de relacións que se abre. Ao final é un novo medio, polo que o tipo de relación é distinto. Non é mellor ou peor, simplemente distinto. Non podemos empregar os mesmos esquemas e patróns para falar de relacións online / ofline. Precisamente un dos problemas que os usuarios atopan en redes como Facebook é a dificultade para concretar todos os grados de amizade que poden existir. Non é só “amigos” e “non amigos”. Hai moitos matices: contactos persoais, familia, amigos íntimos, coñecidos, etc.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/05/26/contra-redes-sociais/trackback/

  1. Ando ultimamente matinando nestas cousas e comezo, seguindo a túa liña, vendo que realmente as redes sociais non existen. Non hai unha unión de iguais mediante fíos de conexión. Gusto de chamarlle tecidos sociais, xa que se asemella máis a un “collage” de telas nas que certas partes están máis tupidas que outras.

    Saberás entender a metáfora.

    Comment by dorfun — May 29, 2009 @ 7:07 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here