Contos de estrelas e limons

May 26, 2009

Diana+ e a lomografía

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 2:13 pm

A dixitalización, por fin podemos dicer, consolídase como paradigma e intégrase na nosa cotidianeidade. Nos últimos dous anos miramos como os dispositivos con maior volume de venda foron aqueles que permiten reproducir contidos dixitais: marcos dixitais, discos duros multimedia, reproductores portátiles, ferramentas de almacenamento, etc. Semella que absolutamente todo está afectado pola dixitalización e que este modelo barrerá aos seus predecesores analóxicos. Nesta afirmación hai matices, e neste caso non estou a pensar na segunda vida do vinilo ;)

Nos tempos da perfección imaxe, onde o retoque, calidade e precisión son ineludibles, retorna con forza unha tecnoloxía de mediados de século XX que ten moito de "Luditta" ou anti-dixital. Eu descubrin as "Lomo" grazas a unha compañeira de traballo e Brais máis eu aproveitamos un aniversario para que chegase a casa.

Todo ten o seu conto (Storytelling que lle chaman agora os gurús do marketing). Seica dous rapaces nunha viaxe a un pais do leste de europa atoparon de casualidade nun mercadillo un tipo de cámaras que se empregaran nos paises do leste de europa. Eran baratas e mercaron unha que usaron de broma. Cando revelaron as fotografías atopáronse cunha cámara que era capaz de ir moito máis alá da suposta reproducción exacta da realidade… era unha cámara que interpreta a realidade, que en función de determinados aspectos pouco controlables polo “fotógrafo” crea un tipo ou outro de atmósfera. Namoraronse da cámara e deron comezo a Sociedade Lomográfica Internacional. E non, neste caso non vai de “Lomo - Ibérico”, que no noso caso sería raxo de porco autóctono.

¿Cáles son as claves do éxito deste tipo de fotografía?

# A moda é un importante factor a ter en conta. En moitas cidades o culto ao retro tórnase en histriónico… e aquí algo hai disto, para qué imos negalo… e se ate El Pais se dignou en reseñar algunha exposición destas cámaras.

# A quebra do modelo de fotografía establecido: en tempos de perfección, resolución e retoque, unha volta á fermosura da imperfección. (¿Miraches o episodio de Balzac TV no que Punset fala das fluctuacions asimétricas?

# Contra o control total do usuario que pode escoller modalidades, ópticas, resolucións cara un modelo no que o control é moi relativo. Existe certa dose de anticipación en función do tipo de carrete, da óptica ou dos complementos… pero algo que en ningún caso ten que ver co menú de opcións dunha cámara dixital.

# Contra a inmediatez no resultado. Por máis que mires a parte de atrás da camara tras quitar unha foto, non verás unha copia dela. O resultado está logo do proceso de revelado: abaixo a tiranía do resultado inmediato!!!

# A creación dunha experiencia integral en torno á fotografía. Dende que se selecciona o carrete, a preparación da escena, o revelado… todo está impregnado da esencia do manifesto da lomografía.

Non sei a tí… pero a nos pareceunos un modelo precioso para experimentar con él. Na rede podes atopar cámaras dende 40 euros. Nos optamos por unha Diana, porque son realmente fermosas. Nestes días anda por os sitios de sempre unha exposición de cámaras Diana, se estás por aquí igual te merece a pena visitala.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/05/26/diana-e-a-lomografia/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here