Orwel Periodista

Atopei este libro por casualidade nunha estantería cercana a miña casa e causoume certa curiosidade. De Orwell só debullei as súas novelas máis coñecidas, aínda que sempre me causou moita curiosidade.
Este é un libro fermoso é imprescindible. Imprescindible para entender o rol dos ingleses na II Gran Guerra, para comprender moitas das acción e estratexias, así como a visión do pobo que formaba parte da Garda Nacional. A través de tódolos artigos publicados no Observer entre 1942 e 1949, con moitos artigos dende o “campo de batalla”, pero deténdose tamén na sempre olvidada e posterior “reconstrucción” de Francia e Alemania.
É fermoso porque recolle un bó feixe de reseñas de libros dos mellores con un agarimo especial. No meu caso supuso unha invitación a voltar aos “clásicos”, moitas veces esquecidos dende a tiranía da actualidade. Unha lectura imprescindible para quenes escrebemos este tipo de textos.
Pero o libro tamén sementa algúns medos. Algunhas das circunstancias que debuxan o contexto social desta II Gran Guerra están moi presentes na nosa vida cotiá. Algunhas destas tensións comezan a emerxer pouco a pouco da man do descontento social que xorde logo dunha etapa ilusoria de prosperidade. E moitas das forzas que actuaron como “disuasorias” no pasado (sindicatos, partidos políticos, etc) na actualidade carecen de ningún tipo de lexitimidade social. Non sei a ti, pero a mín causame certo reparo.


