Contos de estrelas e limons

June 10, 2009

A vós que o vivíchedes…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:03 am


June 7, 2009

e se…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:47 pm

e se non é tan malo?

Durante os últimos anos mudaron moitas cousas, mudou moito o contexto social e político do país. Se pensamos na língua, recibiu un forte pulo “insititucional” que foi (é) moi preciso nun país unha historia sociolingúistica tan peculiar como a nosa. Non sei vos, pero eu escoitei moito falar do “Jhallejho de Santiajho” e non en bós termos.

No noso país, a percepción da clase política é moi peculiar. Desconfiamos desta clase política ate cando formamos parte dela… e non nos fai moita gracia a meirande parte das cousas que veñen dende Santiago. A distancia cara a clase política, cara as insititucións é abismal.

Agora un feixe de decisións dun tal Alberte deixan á língua do país nunha situación moi dificil, moi incómoda. Eu tentovos ser optimista pero: e se non é tan malo? é se é preciso que algo así pase para que o galego volte á terra e ao pobo? é se son precisos estes paus para poder activar unha conciencia de resistencia?


Coñecín algúns homes que levaron a bandeira vermella
cando era pecado e fermosa
como baga de acivro.
Eu mesmo tiven unha nas mans, unha bandeira vermella,
cando era pecado e fermosa
como o bico dunha cegoña.
(…)
Mais eu hoxe non quería falarvos
da orgullosa, vermella e triste bandeira
que quenceu as mans dos que estaban debaixo,
pecado e fermosa como lapa do carbón.
So quería falar
da baga de acivro,
do bico da cegoña,
da camelia entre os dentes
da lapa do carbón,
e da orgullosa, vermella, triste rosa de Yeats.

June 3, 2009

O efecto contaxio…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:51 am

… ou “multitudes” (non sei se intelixentes) que amosan que o ser humán é marabilloso e impredecible. Si, isto é un slogan dun anuncio de Acuarius.


.

Unha boa imaxe de como actúa a innovación. Un comeza a bailar só, divertíndose… moitos o miran ríndose del, collendo as cámaras para grabalo e falando entre eles criticándo (ou cando menos desprezando) unha actitude así. Ate que outro pasa polo lado e “sigue o ritmo”… e pouco a pouco tes unha morea de xente a bailar.

Un bó video para explicar como funcionan a difusión de moitos sistemas sociais. A innovación, a moda, o ruxe-ruxe… paga a pena!

Via\\ Algunha ligazón no Facebook

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here