Contos de estrelas e limons

June 7, 2009

e se…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:47 pm

e se non é tan malo?

Durante os últimos anos mudaron moitas cousas, mudou moito o contexto social e político do país. Se pensamos na língua, recibiu un forte pulo “insititucional” que foi (é) moi preciso nun país unha historia sociolingúistica tan peculiar como a nosa. Non sei vos, pero eu escoitei moito falar do “Jhallejho de Santiajho” e non en bós termos.

No noso país, a percepción da clase política é moi peculiar. Desconfiamos desta clase política ate cando formamos parte dela… e non nos fai moita gracia a meirande parte das cousas que veñen dende Santiago. A distancia cara a clase política, cara as insititucións é abismal.

Agora un feixe de decisións dun tal Alberte deixan á língua do país nunha situación moi dificil, moi incómoda. Eu tentovos ser optimista pero: e se non é tan malo? é se é preciso que algo así pase para que o galego volte á terra e ao pobo? é se son precisos estes paus para poder activar unha conciencia de resistencia?


Coñecín algúns homes que levaron a bandeira vermella
cando era pecado e fermosa
como baga de acivro.
Eu mesmo tiven unha nas mans, unha bandeira vermella,
cando era pecado e fermosa
como o bico dunha cegoña.
(…)
Mais eu hoxe non quería falarvos
da orgullosa, vermella e triste bandeira
que quenceu as mans dos que estaban debaixo,
pecado e fermosa como lapa do carbón.
So quería falar
da baga de acivro,
do bico da cegoña,
da camelia entre os dentes
da lapa do carbón,
e da orgullosa, vermella, triste rosa de Yeats.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/06/07/e-se/trackback/

  1. Damn it! Ese é o poema!!

    Comment by Cesare — June 8, 2009 @ 10:37 am

  2. Damn it! Ese é o poema!!

    Comment by Cesare — June 8, 2009 @ 10:37 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here