Bolsa Caca
Onte, nunha reunión cun cliente, saíu como conversa lateral a impactante e efectiva campaña de Carrefour “Bolsa Caca”. Falábamos do éxito desta campaña e de cómo está sendo acollida especialmente pola xente máis nova, mentres que os mais maiores son un tanto máis escépticos.
Os argumentos empleados sí, son os de sempre: coidar o planeta, pero os medios son un tanto curiosos. As políticas da “acción” non teñen interese… só aquelas que están vinculadas a un momento consumista, onde existe certa culpabilidade logo de satisfacer o noso ego-consumo. Deixaremos de levar para a casa unha morea de bolsas que case todos reutilizamos como bolsas do lixo, aforrando así as cadeas de distribución unha importante cantidade de cartos. O curioso é que mercaremos un par de paquetes de bolsas pro lixo, que de seguro teñen os mesmos problemas que as bolsas de plástico de toda a vida. Iso sí, pagaremos por elas e serán de marca blanca (o dominio da Marca de Distribuidor nesta categoría e apabullante). Un negocio redondo: aforro do gasto en bolsas e incremento da venda dun producto de MDD.



Outro comentario
.
Eu non acostumo a reciclar as bolsas para o lixo. A miña experiencia é que habitualmente están furadas, non sei se pola calidade, ou por seguridade dos cativos. Sexa cal for, o resultado é que os lixiviados do lixo rematan no caldeiro, e ese cheiro pode comigo.
Seguramente sexa un comportamente minoritario… de momento.
Comment by makeijan — September 16, 2009 @ 9:46 am