Contos de estrelas e limons

September 7, 2009

Dimisión

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:41 pm

Eu dimito. Débome aos meus, e ante unha declaración tan necesaria non podo facer outra cousa que Dimitir. Podemos presentar a dimisión como sociedade? Yes, we can.

Onte, cando volvia da horta da porta da casa cun feixe de espinacas, acelgas e demáis cousas verdes pro puré do rapaz topei con Herminia. Herminia é unha muller duns 70-e-moitos que foi a primeira decoradora da aldea. Todas as cortinas e edredóns duns cantos kilómetros á redonda son “obra súa” e todos vos sabedes que a prosperidade dun país pode medirse na calidade e cantidade de cortinas por habitante. Rosalía, cando damos por pechado o noso encontro casual, falando ó aire di algo así como /“Qué bem falan o jhallejho estes rapases, qué jhusto nos dá”/ e marcha chea de razón e de sentido. Ela non sabe de enquisas, ela non sabe de conflictos lingüísticos nin de bilingüismo (harmónico ou hostil). E como non sabe destas cousas segue a botar a papeleta de toda a vida cando vota.

Por isto debemos presentar a nosa dimisión como sociedade. O que máis me preocupa e que non somos quén de albiscar a oportunidade que supón a confrontación, que non temos folgos para sair dos argumentos e estratexias de sempre que tan mal resultado nos deron. Quizáis, e só quizáis, sexa preciso terminar para poder comezar de novo dende o comezo… sen roles outorgados, sen vicios nin ciumes… simplesmente coa páxina en branco.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/09/07/dimision/trackback/

  1. Apúntome!

    Comment by Calidonia Hibernia — September 8, 2009 @ 8:51 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here