Contos de estrelas e limons

October 1, 2009

Algo máis que agasallos de viaxe

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 8:00 am

Nos últimos tempos mudou moitísimo a nosa concepción do espazo. Seguro que lembrades á vosa (ou á miña) avoa falando de Terranova como quén fala “d’ehí ó lado”. Na miña casa había un aparato para falar con Angola, Sudáfrica, Namibia… moito antes dos teléfonos por satélite. Tivemos conexións con medio mundo e, en parte, fumos quén de construír socialmente unha peculiar configuración do globo á galega.

Agora, os rapaces e os non tan rapaces consiguen facer un mundo á súa medida. Na aldea e na Cidade falar de Londres, Dubín, as illas ou mesmo Berlín, é como antes se falaba de Vigo, Barcelona ou Madrid: ciudades ás que os máis novos escapan para ter un futuro. Pero non só mudou isto, tamén mudaron as rutas e os conceptos de turismo. Nova Iorque é un destino recurrente, ao que se vai varias veces na vida, por poñer un ejemplo cómodo.

Mudou tamén a nosa concepción da viaxe, que xa non implica unha ruptura co presente, co territorio. No intre actual, a viaxe é un presente contínuo, no que a conexión co lugar de pertenza é inmediata e directa… e, sobre todo, o acceso ás persoas de referencia.

Fai varios meses Manolo marchou a París e estivonos amosando sobre un mapa o seu xeoposicionamento. Podíamos acceder en tempo real á posición… e mirar a súa evolución nun ruello da Cidade. A min cadroume mirar mentres paseaban pola beira do Sena, pola marxe dereita. En certo sentido eu estiven facendo ese mesmo percorrido ao tempo.

Sobre estes aspectos falamos nunha fermosa reportaxe do imprescindibel programa “La Malla Tendencies“, un exemplo de calidade nos contidos e no tratamento audiovisual que non podedes deixar de mirar!!!


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here