Contos de estrelas e limons

January 22, 2008

mobile monday

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 7:38 am

Onte asistín ao meu primeiro “mobile monday“, un formato dinámico para un tema de permanente actualidade e sobre o que non sempre se fala todo o que debería. Manuel Angel Alonso (un dos bloggeiros no blog de marketing do IE) xunto cun un rapaz de Mercer levaron a presentación dunha charla que tentaba ser informal (dificil con tanta garabata) e na que o networking é unha das claves.

O tema de onte non era dos meus favoritos: a publicidade nos móviles. Antes falárase dos contidos 2.0 ou do mercado do UK… chamar, chamáronme moito a atención un feixe de cousas. Non vou falar do “tipo de participantes”, porque supoño que era previsíbel, tampouco do formato (só 3 preguntas dende o auditorio a un formato que se pretende fresco e dinámico), pero sí me gustaría facer un par de consideración sobre as temáticas:

- Falouse moito de publicidade (era o tema), agora bem: só mencións moi concretas á experiencia de uso / experiencia do usuario…

- … por non dicer que o discurso estaba cheo de pó: completamente 1.0, eu cada vez estou máis canso do concepto Web Social… que comeza a quedarse curto para moitos, pero… nin unha mención aos contidos xerados polos usuarios, nin á relación entre marcas e usuarios por medio da publicidade.

Ao final, un bó rato, un bó sarao e algunhas poucas ideas aputadas na libreta ás que haberá que sacarlle xugo ate o vindeiro mm.

March 22, 2007

Eu quero ser blogastrónomo

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 11:31 am

Eu de maior quero ser blogastrónomo, ir xantar a restaurantes de postín e saber algo de caldos, que pouco máis que sei identificar un mencía, un albariño, ribeiro, rioja e pouco máis. Iso sí, teño moi claro cales están bós e cales non. O caso é que para entrenar para o meu oficio de cando sexa grande e para festexar que coincido cun compañeiro de andanzas en Oviedo, decidimos cear nun dos locais míticos da cidade, o Raitán. Seica cando Woody visita a cidade, para por aquí, sen que isto sexa máis que unha inquedanza… sentaría o xenio na mesma cadeira ca mín?

Eu coñecera este lugar fai un par de anos, nunha visita fugaz a esta cidade para unhas xornadas de protección de dados. O curioso é que pasaba por aquí de camiño á “jhran siudá” para dar os primeiros pasos na análise da converxencia. Agora, dous anos despois, paso de novo por Vetusta nos meus últimos pasos noutro emprego, curiosa coincidencia que dirían os luthiers. Pero falábamos de comida… O Raitán agardanos case baleiro, tan só dous “conspiradores” falan nunha mesa sobre dimes e diretes, mentres nos imos directos, sen mirar ningún tipo de carta, ao menú degustación da comida asturiana… e pagou a pena, crédeme que pagou a pena: Crema de Nécoras, Pote asturiano(na foto), Fabada e Xabarín, para rematar cos postres Arroz con leite, Frixuelos e Casadielles. Creo que os blogastrónomos deberían considerar cruzar o Eo eo achegarse a probar comida “tradicional” de high level… a ver que atopamos para comer…

April 10, 2006

Dias de Tele

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 5:21 pm

Pois resulta que logo de grabar un documental para unha productora que será emitido na Sexta, iremos mañá ata o plató a grabar o debate do programa chamado “La actualidad en 2-D”, que leva “Helena Resano, expresentadora do telexornal da primeira… e moza de moi bó ver, ao meu humilde criterio ;) . O documental está moi bem, ou polo menos sae xente ben interesante e moitos da familia, como Edgar, Joan, Nicole e un menda, aparte grabaronme na casa, cos chourizos de lugo ao fondo e contando algunha mítica historia da miña avoa antonia. Polo que sei, o documental+debate emitirase o próximo domingo ás 23.00 na Sexta.

Por outra banda, mañá, Joan vense ao directo de enfoque, que tratará sobre relacións interpersoais a través de redes telemáticas ou algo así… o tema promete, eu perante as presións da miña muller non irei contar intimidades ao programa este :( e tampouco me daba tempo a iren aos dous. Mágoa que a cámara fotográfica esté estropeada, porque seguro que podería facer algunha foto interesante… como interesante é o debate/polémica en barrapunto sobre a exclusiva utilización do galego en XuventudeGZNET… en fin, dame a risa ler algúns dos argumentos… agora que as cousas comezan a facerense bem ;)

October 22, 2005

narahio (con h?)

Filed under: d'aquí pr'ala, vida cotiá - estrelaselimons @ 3:10 pm

Vía TodoNada chego a un lugar da miña infancia. Segundo o ine está habitado por 608 persoas, e hai 32 mulleres mais ca homes. Agora bem, nesta parroquia do concello de Cabanas existe un blo bem coñeiro, Naraío Nazóm. Paga a pena pasarse e rir un pouco, aída que eu prefiro o post de foster ao da bosta que enlaza Mari Rien Tout. Ai que lembranzas que saudade… “se irán se perderán se irán se perderan como lagrimas en la lluvia…”

October 11, 2005

Back to the City

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 10:09 am

Volver… con la frente marchita,
las nieves del tiempo platearon mi sien…
Sentir… que es un soplo la vida,
que veinte años no es nada,
que febril la mirada, errante en las sombras,
te busca y te nombra.
Vivir… con el alma aferrada
a un dulce recuerdo
que lloro otra vez…

July 14, 2005

Por fin de volta

Filed under: d'aquí pr'ala - estrelaselimons @ 9:41 am

O certo é que custou un pouco voltar. As mudanzas custan moito máis do que un cree. Conseguir unha liña de ADSL que funcione semella unha milagre… e se a todo isto engadimos unha celebración multitudinaria para o 24 de Xullo e líos no choio… pois xa temos unha concatenación de circunstancias que non fan nada sinxelo o escreber un mísero post en tantos días… e crédeme que non é porque faltan temas. Agora experiemento coa miña nova tarxetiña, que vai moi bem no centro, e que nuns días probarei por toda a península. Parlarem. Parlarem. Parlarem!

April 20, 2005

unhas horas con lorenzo

Filed under: d'aquí pr'ala, Análise - estrelaselimons @ 10:52 pm

Sinceiramente, a miña principal motivación para asistir foi escoitar a Lessig, e dende logo foi a miña baza no choio para que me deixaran asistir á conferencia, aínda que visto o cartel mandáronme a todo, así da gusto. Pero voltamos a Lessig: Abraiante. É moi serio, moi tímido, un compañeiro fixolle unha entrevista que leeremos pronto ($) e digamos que na distancia corta é aínda máis tímido. Pero o seu show foi dos máis brillantes que mirei nos últimos anos. Foi moi moi axil, sen rodeos, de xeito paseniño foi introducindonos no mundo da propiedade intelectual para, pouco a pouco, ir lanzando titulares que darían para encher un WIRED, e rematar explicando solucións como a de Creative Commos. Si, eu tamén me fago a mesma pregunta: ¿QUe facía este home nun evento de marketing? e a asistencia (a sala cuasi libre) confirmou o desconcerto…

Das follas garabateadas que me trouxen (sintoo, esquecín a cámara), rescato unha das ideas principáis. Estamos nun novo contexto no que a tecnoloxía permítenos xeitos de acceder á cultura impensabeis fai uns anos, e o acceso a esa cultura non é pasivo, senón que os rapaces teñen un novo xeito de achegarse á cultura, unha aproximación activa que remata nunha cultura do remix. Do mesmo xeito que as xeracións do século XX podían recrearse na escritura, no século XXI existe algo máis aló da escritura: o multimedia, a combinación de música, video e texto, algo para o cal non se precisa un equipamento moi diferente o que todos temos no contexto occidental (eufemismo meu para non dicer: os paises ricos). Agora bem, existe un conflicto entre a lei e as novas tecnoloxías e o uso que a sociedade fai delas, o mesmo concepto de Propiedade Intelectual ataca á creatividade que neste caso permite a tecnoloxía. Perante este conflicto existen dúas posibilidades: reformar a lei ou reformar a tecnoloxía. O exemplo é maís que obvio, ante o uso “non lícito” de, por exemplo, CDs de música, en lugar de reformar a lexislación sobre esta materia, o que se fai e modifica-la tecnoloxía para impedir que os lectores dos PCs reproduzan o son dese CD. Neste conflicto, a posibilidade máis sinxela e ou modifica-la tecnoloxía para impedir usos “non debidos”, pero están os Hackers que quebrarán tarde ou cedo estas limitacións, ou se pode modifica-la lei. A modificación da lei, construída sobre uns conceptos pouco válidos para este contexto, normalmente remata na criminalización do usuario, na destrucción da creatividade, e na loita contra unha cultura xa en marcha que pon á creatividade e ao remix como bandeira.

Ollo, esta é unha das moitas interpretacións que eu fixen deste bó home… pero xa sabedes logo de comer un interpreta moi mal e o meu inglés está un pouco oxidado… mágoa non ter grabada a ponencia…

e mañá máis! (¡¡¡hai que ver a este home xa!!!)

Concentrado

Filed under: d'aquí pr'ala, Análise - estrelaselimons @ 10:26 pm

Grazas a algunha que outra persoa de ben deste país, convírtome por tres días en traballador do ídem co obxecto de cubrir un evento de especial interese, ó cal non podería asistir doutro xeito, xa que os prezos da inscripción non animaban moito a asistir. Logo entramos nos contidos, pero no que respecta á imaxe tamén hai cousas que dicer. Mala a asistencia, moita xente de marketing que está mais nos corredores ca nas conferencias, moito traxe, moita pose, moito home e pouca muller, moito merchandising: teño tréboles de catro follas, palas para a praia (aínda que está ben lonxe), libros, pegatinas, imáns para a neveira, boligrafos, unha suscripción a un xornal, etc etc etc.

Hai moitas cousas que non comprendo, copio literalmente:

“Tenemos las listas y la tecnología que necesitas para tus campañas, tanto particulares como empresas.SMS+EMAIL+Mail+Fax”

“Tanto como si su objetivo son los particulares como las empresas tenemos las mejores listas en alquiler y una selección de listas en venta. Estas listas pueden ser segmentadas según varios parámetros como región geográfica, actividad, etc”.

Iso sí, ó longo de tódalas conferencias que asistín se criticaron abertamente este tipo de “marketing” intrusivo… pero de portas a dentro, cada un gáña a vida como pode… pero ¿isto supón algunha violación da lei?

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here