Contos de estrelas e limons

April 8, 2008

Flasmobs e a etnometodoloxía

Filed under: Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 7:41 pm


Onte non puiden ir á conexelación en Atocha. Creo que foi un acto xenial e poucos lugares son tan simbólicos como Atocha, aínda que somos bem pouco orixinais á hora de escoller os lugares. Agora bem: # Son eu o único que considera que perden parte da súa esencia cando a convocatoria é enviada aos medios e mentres a xente está conxelada / facendo o que toque hai unha morea de cámaras grabando absolutamente todo? O acto perde todo o seu caracter simbólico e a participación dos transeuntes (fundamental, sempre) mirase moi condicionada.

Agora bem, imos dar o paso de deixar de mirar este tipo de eventos como participantes e imos miralos como pesquisadores. A cousa cambia. Normalmente este tipo de accións son analizadas por xente como Howard Reingold que tentan debullar cómo se producen e difunden este tipo de moventos. O concepto de SmartMobs inclúe este tipo de accións, se bem, con matices.

Pero: Podese facer algunha aplicación disto máis aló do anecdótico / lúdico / divertido? Eu creo que sí. Lembro ao Interaccionismo simbólico e á etnometodoloxía, dous movementos interrelacionados con Goffman e Garfinkel detrás. Recoméndase, por certo, a lectura dunha fermosa análise de Goffman por parte do compai Edgar. Unha das cousas que trataban de comprender era cómo na vida cotiá construímos marcos, pautas, patróns de conducta non escritos que nos guían ao longo das nosas interaccións sociais. Non hai normas escritas sobre como debe ser o comportamento dun fillo na súa casa, do noso rol / actitude no primeiro día de traballo ou do que se pode ou non se pode facer nunha primeira cita. Estes homiños desafiaban aos seus estudantes a quebrar esas normas sociais para tentar comprender cómo afectaba esa “violación” á relación, cómo de importantes son, como se tentan reconstruír / redefinir, etc

Agora bem, en investigación moitas veces temos un problema: non podemos extraer todo o discurso porque hai unha serie de cuestións latentes que é moi complicado sacar á luz e que en moitos casos están embebidas no contexto. Sí, quizáis lembres que unha das principais críticas a este movemento é a súa enfase no Contexto no que se desenvolven as interaccións. Pero é que demasiadas veces, no noso intento de ser ciencia, introducimos aos suxeitos nun laboratorio para, de forma aséptica e racional, tentar decodificar a súa conducta (sí, eu tamén penso que a psicoloxía, mal entendida, nos fixo moito dano). É aquí cando entra en xogo a Etnometodoloxía como ferramenta, pero: Podemos empregar as Flashmobs como ferramenta? condicionaría o feito de situar a determinadas persoas quebrando a suposta normativa nun supermercado, nun lineal calquera o acto da “compra”? Poderíamos ampliar o noso coñecemento sobre a compra no caso de que os repoñedores repusexen mal? Non creo que cunha mobilización de 2minutos conseguisemos máis que re-confirmar a intensidade e solidez das normas nos intercambios mercantís. : ou sí?


February 20, 2008

Perfil blogger

Filed under: software social, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 11:28 am

Despois de moitas voltas… e logo de demasiado tempo publicamos, con Tiscar Lara, os resultados da III Enquisa de Bloggers. Este foi un estudo precioso, no que eu aprendín moito de metodoloxía e no que puden experimentar pola miña conta.

Grazas a Raul e Netquest, que nos cederon a súa plataforma de enquisas, grazas a Gemma pola sua paciencia, grazas a Tiscar polo esforzo, e quenes compartiron o parto da enquisa… que non foi pouco.

Podes acceder ao texto do artigo no blog de Tiscar ou na revista Diálogos de la comunicación.

January 14, 2008

Facebook, intimidade e pesquisas de mercado

Filed under: software social, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 6:32 am

Facebook é o hype de comezo de ano. Onte falábamos no Extrarradio (o programa máis molón da RTVG) sobre redes sociais e aplicacións deste tipo… a súa expansión contínua… entre tanto as fermosas polémicas como a de Danah Boyd continúan.

Falábamos con Mónica de móitas cousas… entre elas da utilidade de redes sociais como FB. Fai uns días líamos en Communities Dominate Brands de cómo a combinación redes sociais, xeoposicionamento e telefonía móbil dan lugar a aplicacións moi curiosas e orientadas a fins específicos, como a búsqueda de empregos rápidos. Pero pensade nas aplicacións que isto posibilita para sites e empresas como Match.com ou Meetic: ligoteo “á carta” posíbel! E como estas mil máis. Non en van a Ubicuidade se consolida en Xapón e Corea como algo máis que unha pauta social, tornandose nun eixo estratéxico nas políticas públicas.

Xurdía a inevitábel cuestión da privacidade e as posibilidades que estes entornos supoñen para que dende a Investigación de Mercados (que somos malos malísimos) ou dende outras esferas do poder se incremente o control e o coñecemento do que facemos día a día os cidadáns do máis común. Horas despois de ter esta conversa bato no lector de feeds coa semente de Brandjazz e cun post no se se pregunta polas posibeis aplicacións de FB para a pesquisa de mercado, no que victor “insights” gil resposta. Publicidade, perfiles sofisticados, información “informal”… eu non teño ningún tipo de dúbida sobre FB, sobre o que implicará para a pesquisa, como tampouco teño dúbida ningunha que a privacidade será a gran cuestión deste ano.

Neste caso, ún tan só pode estabelecer un nivel de privacidade, igual que en Twitter: ou sí ou non, ou me mira t’oquisiki ou só os meus contactos. Estou certo que pouco a pouco os níveis de Flickr, que cando menos ten duas ou tres categorías, irán extendéndose a outras esferas. Pouco a pouco noto como vós ides pechando as aplicacións, como aparecen candadiños no Twitter e fotos en amarelo no Flickr… ou como se elaboran estratexias máis rudimentarias (e posibelmente menos seguras) como crear distintos perfís.

Redes sociais, insistimos, o hype de comezo de ano.

[Foto de Km1980 no Flickr]

November 14, 2007

Enquisas online no país

Filed under: laboral, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 8:44 am

Onte líamos de cómo a xentiña de Cidadanía se mete no campo cuantitativo online: Bemvindos!

O certo é que xa somos unhas cantas vacas no millo. En The Cocktail Analysis levamos traballando cun panel propio chamado opinadores un tempo, o suficiente para coñecer un pouquiño o campo cuantitativo online e, lamentablemente, non somos os únicos. Todas as grandes empresas de investigación de mercado teñen ferramentas para facilitar o campo online e, por outra banda, temos algúns dos referentes internacionais en neste eido, como é o caso dos amiguetes de Netquest.

Pouco a pouco a investigación online vai gañando adeptos. Pouco a pouco os parceiros atopan interesante esta solución que é rápida e barata. Agora bem… o valor engadido xa non está nestas técnicas estandarizadas onde só se pode ir a prezo. A chave estará na investigación cualitativa e serán os Edgar e Adolfos, que agora andan pensando e escrebendo (definindo o campo ou marco) quenes marquen a pauta (para mostra un botón) . Lamentablemente os Sociógolos, Psicólogos e ITM estamos demasiado lonxe da tecnoloxía. E voltamos ao comezo: Á etnografía virtual.

May 16, 2007

Second Life… un escurridizo obxecto de estudo

Filed under: Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 7:36 pm

Moito se fala de Second Life, un hype moi concreto e real que nos obriga a rescatar todo o corpus teórico xerado pola CMC. Eu, sinceiramente, atrévome a dicer máis ben pouco, sobre todo porque non teño demasiado tempo para pararme a ler todo o que se escrebe (vale, parte do que se escrebe)… e, sobre todo, porque non teño excesivo tempo para pararme a reflexionar sobre un obxecto de estudo tan peculiar.

Porén, no meu entorno vense de publicar unha exhaustiva nota de prensa (parte máis visíbel dun estudo moito máis amplo e complexo) que pode ser de interese para todos e todas. Como sempre, o perfil do usuario de Second Life ten moitas características que nos sonarán moito aos comezos de Internet, pero hai unha peculiaridade que aparece na nosa caracterización da mostra: un elevado número de galegos en comparación con outras Comunidades nas que o número de usuarios de Internet é notabelmente superior. De feito, na nosa mostra, (representativa dos usuarios dunha comunidade concreta (second life spain) os galegos somos a 5ª Comunidade de orixe dos avatares entrevistados!!!

Quen quera tirar conclusións, que as tire… os datos: aquí.

April 27, 2007

acuarious

Filed under: Outros, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 6:45 pm

Seguindo a estratexia que tan bó resultado lle dou, Acuarious lanza unha campaña que aos Investigadores de mercado, cando menos, nos pon os pelos de punta e a pel de galiña… pero que no fondo, cando menos a min, me “llena de orgullo y satisfacción”, porque no fondo descrebe unha realidade, porque no fondo non soportaría que isto non fose así.

Fai non moito, traballamos no concepto de Crossumer, un tipo de consumidor que é consciente de que está sendo analizado constantemente e que actúa en consecuencia. Lamentablemente, para abordar a este tipo de consumidor (vale, non é nin tan sequera un 20% da poboación, podedes estar seguros) seguemos a empregar as vellas técnicas estatísticas e a vella escola cualitativa… cando o que precisamos é innovación. De certo que o imprevisible non se pode predicer? De veras que non se pode anticipar o boom dunha tecnoloxía como o SMS ou o fracaso de Minitel? Ou máis bem a velocidade á que estamos obrigados impídenos aprender da experiencia e modificar as nosas técnicas de recollida de información?

April 9, 2007

Familias no mundo

Filed under: Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 4:36 pm

Seguro que aos fotógrafos e fotógrafas residentes en BCN lles gustará. Máis dunha vez falamos de cómo empregar a fotografía para unha pseudo-etnografía. Pois da man de CaixaMadrid a exposición “Familias do Mundo” (cunha pouco usábel versión web) é un fermoso achegamento á diferencia. As preguntas máis interesantes, ao meu criterio, a “posesión máis valiosa” e os “desexos pro futuro”, unha forma moi curiosa de medir o que se “ten” e o que se “anceia”.

O certo é que a miña posesión máis valiosa (¿non vale a miña muller?) é o Portatil… máis polo que hai dentro e polo que implica (conexión co ciberespazo) que polo trasto en sí. E… os desexos pro futuro non son tanxíbeis!!!

En fin, un bó xeito para olhar as teses de Inglehart.

[vía BrandJazz]

February 19, 2007

Etnografías virtuais (II)

Filed under: Análise, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 4:49 pm

Fai uns meses falamos sobre isto: etnografía virtual aplicada na Investigación de mercados. Nestes meses mudaron algunhas cousas. The Cocktail Análisis, unha ¿spin-off? de The Cocktail (unha das empresas de programación e desenvolvemento de aplicacións de software con máis sona do Centro) comeza a facer estudos ¿etnográficos? en Second Life… se isto non é Etnografía Virtual aplicada á investigación de mercados que veña Hine e mo explique. Vale, non son exemplos ao uso… esta empresa (coa que non teño nada de nada que ver) é coñecida por diferentes espazos por compartir riscos cos clientes… é dicer, unha empresa que se molla… e que como un dos socios dí, ás veces teñen tempo para pararse a conceptualizar, a testar, a xogar con metodoloxías e demáis. Por outra banda, Second Life é un obxecto de estudio moi moi peculiar, co que a pereza fai que non me meta.

En todo caso, xa temos unha primeira experiencia no sector. Curioseando preguntei aos coñecidos que teño máis a man nas empresas do sector das telecomunicacións (as operadoras, algún que outro fabricante e xente que desenvolve aplicacións) e o certo é que ninguén coñecía a realización de estudos deste tipo nas (ou para as) súas compañías. Lamentablemente soe pasar: dende a oferta non hai moita curiosidade por innovar en metodoloxías…

Pero isto non quere dicer que non se faga. Días atrás, Dani lembrábame (cañas mediante) cómo as compañías que se instauraron no S.XX en África e América Latina empregaron moitas veces a antropólogos para neutralizar e adaptar a súa chegada a ecosistemas sociais un tanto alleos á súa figura. É dicer, nalgunhas empresas ás técnicas de corte cualitativo foron empregadas dende sempre. Lembro estudos da defunta iSociety para BT basadas en observacións participantes nos fogares dos internautas… tamén estudos o DWRC de Surrey para Vodafone basados en grupos de discusión e en observacións participantes, técnicas que, lamentablemente empregan máis os antropólogos que os sociógolos. Investigacións que, no seu momento e no seu lugar innovaron.

No cuanti xa pasou… e xente como Netquest fano moi moi bem, con unha excelente fundamentación teórica e con un coñecemento do medio moi bó. E agora semella que dende a oferta (os institutos) comezase a pensar na investigación de / desde / en Internet. Chámemoslle X a este tipo de investigación, porque os señores que traballan pensando nestas cousas (XXXX privilegiados) se porán tiquismiquis e dirán que “etnografía virtual” non lles gusta, que prefiren “do dixital” (¿nótase a miña insana envexa?). Que TCAnalysis faga este tipo de investigación está moi bem… pero só indica que no sector hai xente inqueda. O que realmente supón un “cambio” é que os peces gordos (si, esos institutos que pesan moito) comecen a preocuparse na construcción dun perfil de Técnico en Investigación de Mercado con estas metodoloxías e con este peculiar obxecto de estudo.

Cales poden ser as skills destes investigadores? Mantemos ás de sempre ou incluímos novas? Terán éxito estas incursións no dixital ou, como pensa Adolfo, non tirarán?

E mentres tanto… eu continúo o meu periplo como experto en test de producto especializado en bebidas de todo tipo… que igual ata ten final feliz.

February 5, 2007

a limitación do “posíbel”

Filed under: Análise, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 11:35 pm

Logo de rematar a última obra dun dous meus colegas favoritos, retomo a un dos referentes da análise cualitativa da realidade social. Seica fai uns anos lín algunhas (poucas) cousas súas, pero só tropecei coa súa obra máis famosa fai unhas semás na casa do libro. O caso é que admiro a capacidade de innovación… a capacidade de crear novas metodoloxías, de experimentar sen medo na investigación de calqueira tipo. No caso de Goffman comeza na aplicación de técnicas teatrais (así comeza denominándoas él mesmo), pero non se limita a iso, extende esta técnica ate construír un corpus metodolóxico própio.

Lendo a Bourdieu, na súa autoanálise, un decátase de como o propio campo e as súas propias dificultades (guerra de arxelia, por exemplo) obrigan ao investigador a redefinir, con unha elevada dose de creatividade, a propia metodoloxia de xeito permanente.

A cuestión é que este apaixoante tema, entrados no século XXI e con obxectos de análise complexos (chámeselle Crossumer ou como boamente un poida) require dunha elevada dose de creatividade para poder comprender, analizar e explicar cales son os cambios sociais, cal é a lóxica do consumidor, do cidadán ou do “símple” ser social. Mais na miña breve experiencia como investigador de mercados un decátase de que o únicamente “útil” (porque así o demanda o mercado e porque así o venden os propios institutos) é a estadística clásica e o “grupo de discusión”, unha marabillosa técnica de extracción e construcción de discurso… pero limitada, como todas as demáis. Nembargantes, non queda espazo para a innovación, para a experimentación, para testar novas metodoloxías, novas formas de analizar a realidade social… para a disidencia e creatividade.

Intúo que no fondo está unha cuestión pragmática: un instituto que arrisca, pode perder a un cliente e moitas veces os clientes teñen problemas e quere que lle des numeriños. Fai unha semás falábamos xa da escasa viabilidade (Adolfo cré que hai poucas empresas que paguen por isto) da etnografía virtual, por non falar xa da etnografía tradicional.

¿Porqué limitamos as nosas propias ferramentas de análise? ¿Cómo chega unha ciencia social a acadar un status no cal a innovación en sí mesma está prohibida, por non dicer penalizada? ¿Cal foi o intre no cal a investigación-rendábel (esa pola que as empresas pagan cartos) deixou de ter xerme crítico, de ser cuestionadora (?) ate das súas propias ferramentas de análise? Demasiadas preguntas para un luns calquera, con un feixe de Test de Producto, de problemas “reais” que teño que afrontar coas vellas ferramentas de sempre… i é que igual un cansa de coller o sacho sempre polo mesmo mango…

February 4, 2007

en castelán

Filed under: Análise, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 1:55 pm

Hoxe eu escrebín o meu primeiro post en castelan e a sensación foi extraña… aínda que quizáis o “pseudoanimato” e o feito de escreber nun blog alleo incrementan esta sensación. Máis dun bó amigo apelou en máis dunha ocasión á oportunidade de escreber en castelan e ate o día de hoxe non caín. En fin, nun dos blogs do trackball está esa entrada… agardo que vos guste ;)

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here