Cuestionario WebSocial
Buscando un cuestionario sobre a TV e a Rede… atopei este outro nunha das miñas carpetas favoritas do PC. Xa non lembro porqué o escrebín, nin quén escrebeu as preguntas… pero o caso é que aquí van as respostas…
1.- Coa web 2.0, o fenómeno da folksonomía… parece que é a sociedade a que se está apropiando da rede, a diferencia do que ocorría antes do pinchazo da burbulla. Blogs, redes sociais, licenzas Creative Commons… democratizan a creación e difusión de contidos. ¿Cres que os medios tradicionais reaccionan axeitadamente ante este fenómeno?
Si. O certo e que detrás dese concepto tan manido como é a Web 2.0 ao que estamos a asistir é a unha volta da rede ás súas orixes: á xente. E dirás ti… ¿Qué pasou no medio? Pois que as empresas, o “mainstream” apoderouse da rede a finais dos noventa. Seguro que todos lembramos o concepto de “Portal”, que ía ser un lugar onde se podería atopar todo, dende consultar o tempo, mercar un coche ou chatear. Fíxose un forte esforzo dende os medios para camiñar neste sentido.
Agora, o fenómeno da Web 2.0, que xurde da apropiación social da rede, é decir, dos usuarios, inflúe nos medios dixitais. Non tanto nos tradicionais (entendendo como tal aos sornáis ou demáis medios “analóxicos”). Pero agora é extrano o diario dixital que non ten unha serie de blogs, ou unha nube de tags (folksonomía) integrados na súa web. Os medios reaccionan e estamos nun escenario moi activo nas últimas datas, cos rediseños de varios medios nacionais en marcha. É complicado dicer se reaccionan axeitadamente, pero coido que a mentalidade esta a mudar e os medios debátanse da importancia de “estar ao día” na innovación.
2.- As redes sociais medraron á marxe dos medios tradicionais. ¿Poden os medios incorporalas ou establecer con elas algún tipo de simbiose seria? ¿Non suporía a fin do seu carácter alternativo?
As redes sociais son una cousa e os medios son outra e non teñen demasiados puntos comúns. Unha das principais características das redes sociais é a súa espontaneidade. Cando pensamos en comunidades virtuais, estas nacen, medran e desaparecen en función de determinados criterios, moitos deles incontrolabeis. Estou certo que é posible que os medios tradicionais poden aprender moito das redes sociais, de cómo se producen as interaccións, como se xera discurso e argumentos, por non dicer da información xerada nestes contextos. Pero creo que sería moi complicado crear unha rede social real, ou unha comunidade virtual tal como as coñecemos, en torno a un medio tradicional, non tanto porque sexa técnicamente posible, senon porque serían cousas diferentes. As redes sociais institucionalizadas, regladas, pautadas, etc, perden unha parte moi importante da súa esencia: a liberdade, liberdade para redefinir constantemente as reglas do xogo (neste caso da relación), por poñer un exemplo.
Por outra banda, as normas sociais, as regras de interacción, a propia cultura das comunidades virtuais son difícilmente apropiabeis: pódese aprender moito deles, pero é moi complicado reproducir de xeito artificial. Simplemente, son cousas diferentes.
3.- “Xornalismo cidadán” un concepto de moda, pero bastante difuso. ¿Como o definirías? ¿Que contribución fai ao proceso informativo?
Eu non me atrevo a definir o concepto, é un tanto complexo. Prefiro citar a quen sabe bastante máis ca min nestes temas, Juan Varela dí que o xornalismo cidadán, ao que el denomina periodismo 3.0 é a información publicada de xeito directo polos cidadáns coa intención de que chegue a máis cidadáns. É unha definición “de base”, pero a partir de ahí podemos comezar a construír.
No que atinxe ás contribucións: son moitas. Van desde a maior accesibilidade á información, maior rapidez ou maior cantidade de información. Por poñer un exemplo, esta mañá houbo un terremoto en México e eu entereime antes por unha ferramenta como é Twitter que por ningún outro medio: a inmediatez é posíbel grazas a ferramentas socias. Cada vez máis sabemos de xornalistas que empregan a bloggers como fonte de información, comeza a haber fontes en tódolos lugares.
Pero o máis importante é que o cidadán comeza a ser consciente do seu poder, un poder que lle permite amplificar a súa voz, o seu discurso… e en casos como pode ser o abuso da autoridade (nalgunhas manifestacións xa pasou, coma nas manifestacións contra a guerra) pode facer que a súa voz sexa escoitada.
4.- ¿Como definirías o estado de saúde da web participativa en Galicia?
Pois cando menos podemos falar da “web participativa” en Galicia, que non é pouco. Por falar dos blogs, a comunidade galega viu nacer a varias plataformas de blogs (ou CMS). En primeiro lugar, Blogaliza, que ten todo o mérito de ser unha iniciativa que nace da rede, dos propios usuarios, que desenvolven e manteñen esta plataforma de xestión de contido. Posteriormente chegaron empresas como Abertal, cunha plataforma propia (blogoteca) e incluso cunha plataforma que permite a creación de Fotologs, o cal amosa o interese do mercado neste tipo de iniciativas.
Por outro camiño avanzan plataformas como chuza! (a réplica galega ao menéame), unha web que permite que os propios usuarios envíen noticias e decidan por sí mesmos cales son as máis relevantes (que son as publicadas na portada). Chuza! converteuse en moi pouco tempo nunha das páxinas galegas con maior número de visitas, algo que non deixa de amosar o interese que despertan estas ferramentas en Galicia, ao tempo que medios como Vieiros.com ou Codigo Cero integraron ligazóns nas súas novas cara a chuza, de feito que calquera nova pode ser enviada de xeito inmediato a esta plataforma.
Logo, a saude da web participativa en Galicia non é mala, pero ¡¡queda tanto por facer!!
5.- ¿Que predición de futuro farías: cara a onde camiña a participación cidadá dentro da web 2.0?
A nível institucional parece que os medios tradicionais continuarán integrando formatos testados e desenvolvimos por grupos de usuarios un tanto alonxados do “institucional”. De forma moi marcada veremos neste ano como os medios loitan por integrar algunhas das ferramentas da Web 2.0 no seu medio: dende folksonomías, ferramentas de clasificación social (Delicious) ou ate enlaces directos a sitios como Chuza! ou Menéame, algo que sería impensabel fai uns anos.
Coido que isto virá acompañado por unha forte aposta pola TV e pola participación dos usuarios nos medios, dende co envío de información (Fotografias, video, etc) ate nun posterior traballo da información (clasificación, comentario, etc) pero en ningún caso os medios deixarán que sexan os propios usuarios, os propios cidadáns os xornalistas… agas en xornáis específicos que posibelmente vexamos nacer pronto.




